Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa constata co novo reitor da USC o clima de entendemento entre o Concello e a universidade

A Alcaldesa constata co novo reitor da USC o clima de entendemento entre o Concello e a universidade

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 16 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa constata co novo reitor da USC o clima de entendemento entre o Concello e a universidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns ao novo reitor da USC, Antonio López, nun primeiro contacto institucional, que serviu para constatar a boa relación e a colaobración entre o Concello e a universidade, así como a vontade de ambos en profundizar nesta relación, que contribúe á dinamización da cidade. Nesta visita protocolaria, a primeira desde que López fora investido reitor da institución académica compostelá, tamén estivo presente a vicerreitora de coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel.

Na visita, Antonio López asinou no Libro de Ouro do Concello de Lugo, no que expresou a súa vontade de que o bo entendemento entre a administración local e a USC redunde en beneficio para a docencia e a investigación e, á súa vez, para todo o conxunto da cidadanía luguesa. Esta premisa tamén a compartiu Lara Méndez, quen se puxo a disposición para fortalecer o clima de entendemento e as liñas de colaboración que manteñen ambas as institucións. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-constata-co-novo-reitor-da-usc-o-clima-de-entendemento-entre-o-concello-e