Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa clausura a primeira fin de semana de Equigal coa entrega de premios do I Concurso de Saltos Cidade de Lugo

A Alcaldesa clausura a primeira fin de semana de Equigal coa entrega de premios do I Concurso de Saltos Cidade de Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Domingo, 29 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa clausura a primeira fin de semana de Equigal coa entrega de premios do I Concurso de Saltos Cidade de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, clausurou este domingo a primeira fin de semana do IX Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, celebrado no Pazo de Feiras e Congresos, un acto no que se entregaron os premios do I Concurso Nacional de Saltos Cidade de Lugo e que contou coa presenza da Garda Pretoriana. A rexedora agradeceu aos centos de persoas que se acercaron ao certame a súa participación “porque se vós isto non sería posible”, e felicitou aos organizadores polo éxito de convocatoria desta nova edición, augurando que o concurso nacional de saltos terá unha segunda edición o vindeiro ano. Equigal, co que colabora o Concello de Lugo, continuará a vindeira fin de semana, do 3 ao 5 de xuño.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-clausura-primeira-fin-de-semana-de-equigal-coa-entrega-de-premios-do-i-concurso-de