Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa asina con Fomento e Xunta o convenio para dar un novo impulso á rehabilitación no casco histórico

A Alcaldesa asina con Fomento e Xunta o convenio para dar un novo impulso á rehabilitación no casco histórico

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento local,
    • Planeamento urbanístico
Venres, 26 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa asina con Fomento e Xunta o convenio para dar un novo impulso á rehabilitación no casco histórico

A Alcaldesa, Lara Méndez, asinou este venres en Santiago o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta para desenvolver a 15ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) do casco histórico, que, cunha dotación económica total de 900.000€, supoñerá un novo impulso á rehabilitación na zona, un dos obxectivos centrais do modelo de cidade do Goberno local, que de cara a este fin vén de impulsar un viveiro de empresas a pé de rúa no barrio da Tinería e tamén traballa nun novo modelo de acceso e mobilidade no casco histórico. A nova fase da ARRU supoñerá como mínimo obras de rehabilitación nunha vintena de vivendas. A sinatura do convenio de Lugo tivo lugar xunto coa do resto dos concellos galegos beneficiarios de novas axudas para desenvolver áreas de rehabilitación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-asina-con-fomento-e-xunta-o-convenio-para-dar-un-novo-impulso-rehabilitacion-no