Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa asina co concelleiro de distrito de Nou Barris un protocolo de colaboración que formaliza o irmandamento de ambas localidades

A alcaldesa asina co concelleiro de distrito de Nou Barris un protocolo de colaboración que formaliza o irmandamento de ambas localidades

O acordo, que servirá para proxectar a imaxe de Lugo en Cataluña, establece celebrar conxuntamente as festas, promocionar ambas realidades e difundir a cultura galega tanto neste distrito catalán como en Barcelona.  

Paula Alvarellos e Mauricio Repetto acompañaron ao concelleiro catalán nun breve percorrido pola cidade, con parada no recinto feiral e no Coliving Municipal do Carme.

O edil Xavier Marcé se interesou por iniciativas municipais que buscan revitalizar a cultura ou a economía, como o CAM, o Plan de Turismo Sostible ou o Lugo Transforma.

Nou Barris, cunha poboación de máis de 168.000 habitantes e lugar de residencia de miles de lucenses, polo que a nova colaboración establece vínculos no ámbito social pero tamén no económico e empresarial.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Luns, 30 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa asina co concelleiro de distrito de Nou Barris un protocolo de colaboración que formaliza o irmandamento de ambas localidades

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto recibiron esta mañá na Casa Consistorial a unha delegación do distrito barcelonés de Nou Barris, encabezada polo concelleiro Xavier Marcé. A visita serviu para asinar un protocolo de colaboración que formaliza o irmandamento entre Nou Barris e o Concello de Lugo para celebrar conxuntamente as festas, promocionar ambas realidades e difundir a cultura galega tanto neste distrito catalán como en Barcelona.

“San Froilán é sinónimo de celebración, pero o seu significado para todos nós transcende da música e da gastronomía que caracteriza a nosa festa. San Froilán é un vínculo cultural e afectivo que nos une como comunidade a pesar da distancia xeográfica e o paso do tempo. Representa un selo de identidade emocional que esperta en todos nós un sentimento de pertenza inconfundible", sinalou a alcaldesa quen considera fundamental reforzar o vínculo entre ambas institucións.

Con este protocolo de colaboración acordase manter e potenciar a celebración do San Froilán nesta zona de Barcelona, que leva case tres décadas festexando estas patronais, impulsadas pola Asociación Cultural Amigos de San Froilán. Precisamente, a alcaldesa se referiu “ó importante labor desta asociación e do Concello de Nou Barris para manter toda a esencia das nosas festas patronais e trasladar durante uns días a este distrito de Barcelona a música, o folclore, a gastronomía e a idiosincrasia propia do San Froilán”. Paula Alvarellos eloxiou “o traballo que esta asociación desenvolve desde 1995 e que contribúe a que os miles de galegos e lucenses que viven nestes distrito catalán recuperen por uns días as súas raíces”.

Respecto ao protocolo de colaboración, este establece que “la realidad de Galicia y el colectivo de gallegos es un hecho patente en el distrito de Nou Barris, que llega a su máxima expresión en la celebración de las fiestas de San Froilán”, por lo que este acuerdo servirá para “profundizar en las relaciones de colaboración en esta celebración a través de un marco jurídico apto y convencidos de la importancia de establecer mecanismos que contribuyan al desarrollo y fortalecimiento de nuestros lazos de unión, así como de la necesidad de ejecutar proyectos y acciones que tengan efectiva incidencia en la difusión de la cultura lucense y gallega”.

O acordo, segundo explicou Paula Alvarellos, “será importante non só para para intercambiar sinerxías e iniciativas municipais que poidan contribuír á mellora do desenvolvemento destes festexos, senón que tamén servirá para difundir outras iniciativas municipais que poidan influír positivamente no desenvolvemento doutros sectores como o ocio, o turismo, o artístico e o económico”. 

O rexedor de Nou Barris, Xavier Marcé, interesouse por outras iniciativas municipais coas que revitalizar e dinamizar o sector cultural, o ocio e o económico, polo que a súa visita serviu para afondar por exemplo nalgunhas estratexias do Executivo de Paula Alvarellos como o Plan de Turismo Sostible, o CAM, ou o Lugo Transforma. Por iso, o Coliving Artístico Municipal foi outra das paradas da comitiva, a quen se lles explicou o proceso de rexeneración do barrio de Carme, impulsado coa estratexia europea DUSI Muramiñae e a creación deste novo espacio cultural, con que potenciar o emprendemento cultural e tamén turístico.

Este distrito barcelonés conta con máis de 168.000 habitantes, distribuídos en trece barrios, e se distingue por ser unha das zonas na que residen miles de galegos, descendentes daqueles que chegaron a Barcelona dentro do movemento da inmigración obreira durante as décadas dos anos cincuenta e sesenta do século pasado.

A alcaldesa desexou “moito éxito á nova edición do San Froilán de Nou Barris e que este distrito de Barcelona siga sendo ese nexo invisible que une os nosos territorios, vencendo a distancia que nos separa e mantendo o vínculo tan especial que nos une”, ao tempo que convidou “a todas e todos os habitantes de Nou Barris a coñecer a nosa cidade, a nosa cultura e a nosa riqueza natural, arqueolóxica e histórica, agora que xa viviron as nosas festas gracias ao seu propio San Froilán”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-asina-co-concelleiro-de-distrito-de-nou-barris-un-protocolo-de-colaboracion-que