Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa arrinca o compromiso da Xunta de financiar o equipamento do auditorio xunto a outras Consellerías ou o propio Ministerio

A Alcaldesa arrinca o compromiso da Xunta de financiar o equipamento do auditorio xunto a outras Consellerías ou o propio Ministerio

Lara Méndez mantivo este xoves un segundo encontro de traballo coa Conselleira de Medio Ambiente para buscar unha solución ao déficit que presenta o novo auditorio construído pola Xunta de Galicia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo
Xoves, 02 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa arrinca o compromiso da Xunta de financiar o equipamento do auditorio xunto a outras Consellerías ou o propio Ministerio

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves un segundo encontro de traballo coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para buscar unha solución ao déficit que presenta o novo auditorio de Lugo, construído pola Xunta de Galicia, en canto ao seu equipamento.

Nesta xuntanza, que a rexedora definiu como cordial, a Alcaldesa arrincou o compromiso de Beatriz Mato para buscar máis vías de financiamento xunto a outras Consellerías da Xunta de Galicia ou o propio Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e chegar así aos 3,6 millóns de euros da oferta existente, “para dotar a esta infraestrutura cultural, tan demandada historicamente polos veciños e veciñas, dos elementos e equipos necesarios para convertelo nun espazo que marcará un antes e un despois na vida diaria cultural, social e de lecer de Lugo”.

A Alcaldesa esixiu “canto menos e por xustiza, o mesmo trato que noutras cidades, como no caso do auditorio de Ferrol, onde a Xunta dispuxo dos dous terzos do total do financiamento”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-arrinca-o-compromiso-da-xunta-de-financiar-o-equipamento-do-auditorio-xunto-outras