Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa anuncia que o Concello solicitará unha reunión cos adxudicatarios das casetas e caldeiros do polbo

A Alcaldesa anuncia que o Concello solicitará unha reunión cos adxudicatarios das casetas e caldeiros do polbo

Lara Méndez resaltou que a vontade da entidade local é garantir que, un ano máis, as festas do San Froilán sigan sendo as mellores festas de Galicia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo
Venres, 09 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este venres que dende o Concello se solicitará unha reunión cos adxudicatarios das casetas e caldeiros do polbo, para garantir que as festas do San Froilán sigan sendo, un ano máis, as mellores festas de Galicia.

“Nesta xuntanza trasladarémoslles a importancia que teñen as nosas festas patronais para a cidade de Lugo, pola tradición das mesmas e para que os lucenses e visitantes poidan gozar destes festexos e, por suposto, tamén dun elemento tan significativo do San Froilán como é o polbo”, tal e como explicou Lara Méndez.

Ademais, a rexedora lembrou que “dende o Concello non se pode limitar a competencia, nin impedir que ningunha empresa se presentase ao proceso de licitación, pero aínda así, estamos facendo un seguimento, porque a administración sempre ten mecanismos para garantir que durante o San Froilán poidamos degustar o polbo”.

A Alcaldesa destacou que “o polbo e o San Froilán son un binomio indisociable, porque non podemos pensar no San Froilán sen pensar no polbo, igual que non podemos pensar no pobo sen pensar no San Froilán”.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a reunión cos adxudicatarios das casetas e caldeiros do polbo | Descargar mp3 [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-anuncia-que-o-concello-solicitara-unha-reunion-cos-adxudicatarios-das-casetas-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/090916_alcaldesa-reunion-polbo.mp3