Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa amplía a súa rolda de encontros aos colexios profesionais para “seguir facendo cidade entre todos”

A Alcaldesa amplía a súa rolda de encontros aos colexios profesionais para “seguir facendo cidade entre todos”

Lara Méndez mantivo este luns sendas reunións con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e co Colexio de Avogados de Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Urbanismo
Luns, 15 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns sendos encontros con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no que tamén estivo o Concelleiro de Persoal e Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, e co Colexio de Avogados de Lugo. Tal e como deu a coñecer a rexedora, tras as reunións mantidas con asociacións veciñais, sociais e empresariais, agora é a quenda dos colexios profesionais, outro dos colectivos que contribúen de maneira significativa á dinamización da cidade.

O propósito da Alcaldesa é manter encontros con todos os colexios profesionais para coñecer de primeira man as súas achegas e propostas para Lugo. Neste senso, a rexedora insistiu en “unir forzas, crear sinerxias e coordinar estratexias de colaboración entre o sector público e o privado para aproveitar as potencialidades de Lugo e para facer cidade entre todos. Que mellor forma de conseguilo que renovando a cooperación do Concello cos colexios profesionais”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-amplia-sua-rolda-de-encontros-aos-colexios-profesionais-para-seguir-facendo-cidade