Adxudicado o servizo de control da calidade da auga nas billas, fontes públicas e piscinas municipais
A empresa FCC Aqualia realizará as tarefas incluídas no contrato, que ten unha duración dun ano, con opción de prórroga por outro, e un importe de 10.818€ anuais
- Tema
- Emprego,
- Servizos xerais
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, informou este venres de que hoxe mesmo asinou o decreto de adxudicación do contrato para a prestación do servizo de control da calidade da auga de consumo humano nas billas dos usuarios, das fontes públicas non conectadas á rede de abastecemento e das piscinas municipais de uso público. O contrato, segundo o ditame da Mesa de Contratación, foi adxudicado á mercantil FCC Aqualia por presentar a oferta economicamente máis vantaxosa, que ascende a 10.818 euros anuais, por un período dun ano, con opción de prórroga por outro.