Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Adxudicación do contrato das obras dos Polígonos 1,3,5 e 6 Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lugo na zona de Paradai

Adxudicación do contrato das obras dos Polígonos 1,3,5 e 6 Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lugo na zona de Paradai

  • Tema
    • Urbanismo
Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

En cumprimento do disposto na cláusula catro do Prego de Condicións para a contratación de obra por importe inferior a 5.278.227.- € e igual ou superior a 122.742,70.- € vimos anunciar a adxudicación do contrato das obras de urbanización dos Polígonos 1,3,5 e 6 da Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lugo na zona de Paradai á empresa Taboada y Ramos S.L., con suxeición ó disposto nos proxectos aprobados, no Prego de Condicións, no Cadro de Características e na oferta presentada, polo prezo de setecentos corenta e un mil douscentos oitenta e tres euros e sesenta e cinco céntimos (741.283,65.- €), en un prazo de tres meses e medio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/adxudicacion-do-contrato-das-obras-dos-poligonos-135-e-6-modificacion-puntual-do-plan-xeral-de