Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Adif convoca unha reunión técnica co Concello de Lugo e Xunta para avanzar no proxecto construtivo da Intermodal

Adif convoca unha reunión técnica co Concello de Lugo e Xunta para avanzar no proxecto construtivo da Intermodal

Á reunión, que será o día 5 de marzo en Lugo, acudirá, por parte do Goberno local, o conselleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e varios técnicos municipais.

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias está pendente de que o Goberno galego adiante unha data para abordar o convenio que estableza o financiamento da actuación.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Luns, 02 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Adif convoca unha reunión técnica co Concello de Lugo e Xunta para avanzar no proxecto construtivo da Intermodal

O Concello de Lugo estará presente na Comisión Técnica que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias convocou para o vindeiro 5 de marzo para presentar os avances do proxecto que está a redactar para a construción da Estación Intermodal en Lugo. Á reunión, que se manterá na cidade lucense, tamén está convocada a Xunta de Galicia.

Por parte do Goberno local, acudirán o conselleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e varios técnicos municipais, e ADIF adiantou que, pola súa parte, enviará a técnicos da UTE adxudicataria do proxecto. Por parte do Goberno galego, Adif espera poder contar xa coa presenza do consultor que redactará o proxecto da terminal de autobuses co ánimo de dar pasos na coordinación desta estación e a de ferrocarril.

En canto ao convenio pendente de asinar, existe unha proposta primixénea á que as tres Administracións fixeron aportacións, e inicialmente estaba prevista unha reunión entre ADIF Xunta e Concello para finais de xaneiro co fin de pechar un acordo para ir executando os traballos de xeito paralelo, xuntanza que o Goberno galego pospuxo. ADIF está agora á espera de que sexa o executivo autonómico o que peche unha data para abordalo e lembra que este convenio xa está asinado nas intermodais que se executan en Ourense, Santiago e Vigo.

O devandito convenio establecerá as responsabilidades de cada unha das administracións e os recursos de financiamento que aportará cada unha.

Audio

  • Miguel Couto, sobre a Intermodal | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/adif-convoca-unha-reunion-tecnica-co-concello-de-lugo-e-xunta-para-avanzar-no-proxecto

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/020320_miguel_couto_-_proxima_reunion_intermodal.mp3