Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Adiado o obradoiro dirixido ao público infantil previsto para este sábado

Adiado o obradoiro dirixido ao público infantil previsto para este sábado

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Xoves, 05 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O goberno de Lara Méndez, comunica que queda adiado o primeiro obradoiro dirixido ao público infantil, ante a previsión de mal tempo. O evento dirixido ao público infantil, no cal se inclúe un contacontos e unha visita ao bosque urbano mentres se difunden valores medioambientais e sociais relativos ao monte e ao seu coidado pasará a realizarse o domingo 8 de agosto na quenda da mañá, a partir das 11:00 h e, na quenda da tarde, ás 18:00 h.

Dentro do marco da colaboración do LIFE Lugo+Biodinámico con FEARMAGA (Federación empresarial de aserraderos y rematantes de madera de Galicia), o vindeiro día 8 de agosto celebraranse os dous primeiros obradoiros baixo o título “As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco“. O horario será, na quenda da mañá, a partir das 11:00 h e, na quenda da tarde, ás 18:00 h. As nenas e nenos que participen recibirán, así mesmo, un exemplar do conto “As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco” e material didáctico do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/adiado-o-obradoiro-dirixido-ao-publico-infantil-previsto-para-este-sabado