Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Adiado o espectáculo Tabú incluído na programación para conmemorar o Día da Muller

Adiado o espectáculo Tabú incluído na programación para conmemorar o Día da Muller

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Mércores, 09 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concellería de Muller, que dirixe Silvia Alonso, adía o espectáculo Tabú, de Carmen Conde, que tería lugar o xoves 10 de marzo, no Auditorio do Vello Cárcere (11:30 horas).

A obra nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades que, neste caso, cumpre ademais unha función didáctica.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/adiado-o-espectaculo-tabu-incluido-na-programacion-para-conmemorar-o-dia-da-muller