Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Actividades infantís na Praza Maior e un desfile de ánimas pola Muralla festexan este sábado o Samaín

Actividades infantís na Praza Maior e un desfile de ánimas pola Muralla festexan este sábado o Samaín

Terán lugar entre as 17:30 e as 22:30 horas e están organizadas pola Asociación Trebas Galaicas en colaboración co Concello

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Martes, 27 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este sábado 31 de outubro celebraranse na cidade diversas actividades con motivo do Samaín, organizadas pola Asociación Trebas Galaicas e coas que colabora o Concello.

A programación comezará ás 17:30 horas na Praza Maior con talleres orientados ás nenas e nenos, nos que haberá baleirado e tallado de cabazas, Pictos Galaicos consistentes no pintado de facianas, globoflexia, contacontos, chocolate con churros, recortables e coloreables. Posteriormente, ás 20:30, terá lugar un concurso de cabazas e de debuxos.

As actividades para festexar o Samaín rematarán cun desfile de ánimas pola muralla ás 21:30 e un conxuro con queimada ás 22:00 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/actividades-infantis-na-praza-maior-e-un-desfile-de-animas-pola-muralla-festexan-este-sabado-o