Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Actividades gratuítas de sensibilización ao longo do mes de xullo organizadas polo Concello de Lugo baixo o +Xti

Actividades gratuítas de sensibilización ao longo do mes de xullo organizadas polo Concello de Lugo baixo o +Xti

Actividades organizadas polo Concello e subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas

  • Tema
    • Formación,
    • Conciliación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Venres, 03 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Actividades gratuítas de sensibilización ao longo do mes de xullo organizadas polo Concello de Lugo baixo o +Xti

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez informa das actividades gratuítas de sensibilización, organizadas polo Concello, baixo o +Xti, e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas. Celebraranse do 6 ao 31 de xullo, de 18:30 a 20:00 horas na Praza do Castiñeiro. Son actividades abertas, para as que non é precisa inscrición, para maiores de 12 anos.

Na primeira semana, tratarase o consumo responsable, na segunda, os principios do comercio xusto, na terceira a igualdade de xénero e na cuarta, o reciclado de roupa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/actividades-gratuitas-de-sensibilizacion-ao-longo-do-mes-de-xullo-organizadas-polo-concello-de