Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ábrese o prazo de solicitude dun total de 26 postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal

Ábrese o prazo de solicitude dun total de 26 postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal

As persoas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 20 de xaneiro e a convocatoria foi publicada no BOP do 29 de novembro

A edil Cristina López sinalou “traballamos para converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal nun referente do casco histórico”

  • Tema
    • Mercados
Domingo, 01 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ábrese o prazo de solicitude dun total de 26 postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que se abriu o prazo para solicitar postos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos. As persoas ou empresas interesadas poderán optar a un total de 26 postos, 13 na Praza de Abastos e 13 no Mercado Municipal, ademais de 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns. “Este é un paso máis para converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal nun referente do casco histórico, ao actualizar as concesións fixaranse empregos e darase garantía ás persoas que exploten estes postos” dixo Cristina Ferreiro.

Entre os 26 postos, que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas” explicou a edil Responsable.

As bases foron publicadas no BOP do 29 de novembro de 2019 enlace: http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/29-11-2019.pdf#page=4 [1]

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre os postos do mercado | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/abrese-o-prazo-de-solicitude-dun-total-de-26-postos-da-praza-de-abastos-e-do-mercado-municipal

Ligazóns:
[1] http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/29-11-2019.pdf#page=4
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/2019-12-01_cristina_lopez_postos_mercado.mp3