Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Abre as súas portas a segunda edición de Gastroarte, a feira coa que o Concello promove os produtos gastronómicos e artesáns

Abre as súas portas a segunda edición de Gastroarte, a feira coa que o Concello promove os produtos gastronómicos e artesáns

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística
Sábado, 03 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Abre as súas portas a segunda edición de Gastroarte

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, visitaron este sábado os expositores da segunda edición de Gastroarte, a feira de artesanía e gastronomía que pon en marcha o Concello de Lugo para promover os produtos gastronómicos e artesáns aproveitando a afluencia de visitantes á capital durante os días de celebración do San Froilán, Festa de Interese Turístico Galego e Nacional.
 
Gastroarte conta cuns 50 postos que estarán abertos ata o día12 de outubro no paseo central da Avenida Ramón Ferreiro, en horario de 11:00 a 00:00 horas os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de outubro, e de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 23:00 horas os días 6, 7, 8 e 9 de outubro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/abre-suas-portas-segunda-edicion-de-gastroarte-feira-coa-que-o-concello-promove-os-produtos