Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello a utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello a utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

As entidades do municipio poderán presentar as súas peticións, vía telemática e por rexistro, á Concellería de Xuventude e Deportes, ata o vindeiro 30 de maio.

O edil desta área, Jorge Bustos, sinala que “desde o Goberno Local seguimos a apostar polo deporte base poñendo á súa disposición as instalación públicas”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas,
    • Desenvolvemento local
Mércores, 14 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello a utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

O Goberno Local abrirá mañá, día 15, o prazo para presentar as solicitudes de utilización gratuíta das instalacións municipais a todos os clubs e asociacións deportivas federadas, de cara á tempada 2025-2026. Así o deu a coñecer hoxe o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, quen sinalou que “un ano máis o Concello de Lugo porá a disposición destas entidades as máis de 30 instalacións deportivas con que conta o municipio para a súa utilización gratuíta, nunha clara aposta pola promoción do deporte de base e das categorías inferiores”.

Os clubs e asociacións deportivas federadas interesadas en facer estas peticións, poderán realizala ata o vindeiro día 30 de maio, vía telemática, e por Rexistro Xeral á Concellería de Xuventude e Deporte. Para iso haberá que cubrir o modelo 801, dispoñible na web do Concello de Lugo, no enlace:

  • https://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2019/11/801cast_solic_de_instalacion_deportiva.pdf [1]

Jorge Bustos lembra que “as máis de 30 instalacións das que dispón o Concello de Lugo son esenciais para garantir o labor dos clubs e das asociacións municipais e o seu traballo coa canteira, de aí que o seu mantemento e conservación sexa unha das nosas prioridades. Mantelas en condicións adecuadas para os adestramentos e torneos supón un orzamento de case dous millóns de euros anuais, dentro do Plan Dinámico de Intervencións” que desenvolve o Executivo Local.

Gracias a estas actuacións, explica o edil de Deportes, “na actualidade uns cen clubs empregan as instalacións municipais, co que ademais se contribúe a inculcar hábitos saudables e favorecer o deporte base”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/abre-o-prazo-para-que-clubs-e-asociacions-deportivas-federadas-soliciten-ao-concello

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2019/11/801cast_solic_de_instalacion_deportiva.pdf