Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Abre ao público o novo percorrido peonil da ronda da Muralla habilitado pola área de Mobilidade

Abre ao público o novo percorrido peonil da ronda da Muralla habilitado pola área de Mobilidade

Rubén Arroxo: “Lugo conta con moitos espazos verdes, parroquias e barrios dos que se pode desfrutar camiñando e evitando as aglomeracións no centro”

O Tenente de Alcalde lembrou da importancia de circular pola beirarrúa dereita, e no mesmo sentido do tráfico na Muralla

  • Tema
    • COVID-19,
    • Servizos sociais,
    • Accesibilidade,
    • Infraestruturas
Sábado, 09 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Abre ao público o novo percorrido peonil da ronda da Muralla habilitado pola área de Mobilidade

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou o novo percorrido peonil habilitado na Ronda da Muralla. A área de Mobilidade pechou o carril interno do vial, “habilitando unha nova zona de paseo para peóns de 2.5 Km no centro de Lugo”, indicou Rubén Arroxo.

“Debido á redución de tráfico, o peche do carril interno da Ronda permitirá aumentar espazos para o paseo, facilitando manter a distancia de seguridade, e non producirá conxestións de tráfico”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “durante os primeiros días de saídas controladas, tanto a Muralla como a Ronda foron os percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear”.

Arroxo animou tamén á xente a saír a pasear pola periferia da cidade e sinalou que “Lugo conta con moitos espazos verdes, parroquias e barrios dos que se pode desfrutar camiñando e evitando as aglomeracións no centro”. Rubén Arroxo lembrou que “desde a área de Mobilidade recomendamos á veciñanza que camiñe pola Muralla e por este novo espazo que o faga no mesmo sentido que o tráfico”. Segundo o Tenente de Alcalde, “nestes días vólvese importante tamén cumprir co código de circulación e camiñar pola beirarrúa dereita”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a apertura do paseo peonil, na Ronda da Muralla | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/abre-ao-publico-o-novo-percorrido-peonil-da-ronda-da-muralla-habilitado-pola-area-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200508_ruben_arroxo_apertura_paseo_peonil_ronda_muralla.mp3