Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo para solicitar o uso dos locais das casas das asociacións Clara Campoamor e María Mariño

Aberto o prazo para solicitar o uso dos locais das casas das asociacións Clara Campoamor e María Mariño

O Concello cederá un local por entidade, por unha duración dun ano, prorrogable ata un máximo de tres, onde os colectivos poden desenvolver os seus programas e actividades 

  • Tema
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais,
    • Centros sociais
Luns, 13 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, informou de que o Concello abriu este luns o prazo de solicitude para a autorización do uso en precario de locais e instalacións das dúas casas das asociacións de interese social da entidade local, Clara Campoamor e María Mariño, tras a publicación de ditas bases no Boletín Oficial da Provincia.

A edil explicou que “se cederá un local por entidade, por unha duración dun ano, prorrogable ata un máximo de tres, onde os colectivos poden desenvolver os seus programas e actividades”. As solicitudes poderán presentarse ata o 7 de abril no Rexistro Xeral do Concello. Soamente se admitirá unha solicitude por entidade.

A Casa Clara Campoamor, situada na Avenida Infanta Elena 11, conta con 7 locais, un ximnasio e unha sala biblioteca e a María Mariño, en Monte Faro 2, con 13 locais, un salón de actos, unha sala polivalente e unha sala de recepción.

Audios

  • Ana Abelleira, sobre as casas das asociacións | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-para-solicitar-o-uso-dos-locais-das-casas-das-asociacions-clara-campoamor-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/130317_ana_abelleira_-casas_asociacions.mp3