Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo para presentar ofertas para a instalación de casetas e caldeiros do polbo durante as Festas do San Froilán

Aberto o prazo para presentar ofertas para a instalación de casetas e caldeiros do polbo durante as Festas do San Froilán

  • Tema
    • Economía
Xoves, 28 de abril de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O anuncio foi publicado onte no BOP, e os interesados disporán de 15 días naturais para presentar as súas ofertas

Polos acordos da Xunta de Goberno Local dos días 30 de marzo e 20 de abril de 2011, aprobáronse as bases técnicas, o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o procedemento aberto de adxudicación para a autorización da instalación de casetas e caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán para os anos 2011 a 2014, ambos inclusive.

Por medio do anuncio, publicado onte no BOP, dáse a coñece-la licitación e ábrese o prazo de presentación de documentos. Os interesados contarán con 15 días hábiles, contados a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

A obtención de documentación e información pode facerse no Servizo de Contratación e Patrimonio, sito na Ronda da Muralla, 197, nos teléfonos (982) 29-71-45, 29-73-01, 29-71-43 ou a través da páxina web do Concello de Lugo: www.lugo.es [1] (Zona de servicios/perfil do contratante/outros [2]).


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-para-presentar-ofertas-para-instalacion-de-casetas-e-caldeiros-do-polbo-durante

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel3&cid=1207755394953&color=Rojo&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoTextoGenericoNivel3&idContenido=1227495876866&idioma=gl&pagename=Lugo%2FPage%2FLugoContenedor&tipoContenido=Spark_TextGenerico&tipoLetra=Texto1