Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo para presentar ofertas para a instalación de 11 postos de mercadorías e 7 atraccións infantís ecolóxicas durante o Arde Lvcvs

Aberto o prazo para presentar ofertas para a instalación de 11 postos de mercadorías e 7 atraccións infantís ecolóxicas durante o Arde Lvcvs

Todos os interesados xa poden presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello. O modelo de solicitude está dispoñible en www.lugo.gal [1]

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Xuventude
Martes, 03 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para a instalación de postos para a venda de mercadorías, na que non está permitida a elaboración de comida, e atraccións infantís ecolóxicas no Arde Lvcvs 2016, prorrogable para o ano 2017 e 2018. Trátase de 11 postos de mercadorías no Macellum, dun total de 70, que quedaron vacantes doutras licitacións. Este ano o Concello contempla na súa oferta 7 atraccións, realizadas en madeira e de tracción manual, que se instalarán na Praza Horta do Seminario.

Todos os interesados poden presentar xa as súas solicitudes, tal e como se indica nas bases publicadas onte luns, 2 de maio, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo será de 30 días hábiles e deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello, na Ronda da Muralla nº 197.

Unha vez rematada a convocatoria e adxudicadas as autorizacións, os postos de venda de mercadorías poderán iniciar a montaxe o xoves 16 de xuño a partir das 20:00 horas. O seu horario de apertura será venres, sábado e domingo, de 11:00 a 14:00 horas; de 16:00 a 00:00 o venres e sábado; e de 16:00 a 21:30 horas o domingo. Os postos de venda e atracción estarán instalados o venres 17 de xuño ás 11:00.

Ademais do pago da taxa por ocupación de vía pública do Concello, o prezo que oferten os solicitantes terá sido en conta para a adxudicación das instalacións.

Máis información na web www.lugo.gal [1] ou no Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento, na Ronda da Muralla, nº 197.

Documentos

  • Solicitudes | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-para-presentar-ofertas-para-instalacion-de-11-postos-de-mercadorias-e-7

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/solicitudes.pdf