Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo para inscribirse en novos cursos do programa "Lugo Emprego activo" que organiza o Concello

Aberto o prazo para inscribirse en novos cursos do programa "Lugo Emprego activo" que organiza o Concello

  • Tema
    • Economía
Xoves, 25 de novembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A partir de hoxe, 25 de novembro, e ata o 15 de xaneiro de 2011 estará aberto o prazo para inscribirse en tres novos cursos do programa “Lugo emprego activo”, que promove o Concello de Lugo cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Os cursos que se ofrecen son os de Coidador/a de persoas discapacitadas físicas e psíquicas cunha duración de 200 horas; Atención especializada para persoas enfermas de alzheimer de 250 horas e un de técnico/a en transporte sanitario de 385 horas de duración. Durante o desenvolvemento do curso haberá diferentes obradoiros obrigatorios nos que aprenderan a traballar diferentes habilidades.

Os solicitantes deberán cumprir dous requisitos indispensables, estar en situación legal de desemprego no momento do inicio do itinerario de inserción laboral e non ter participado neste proxecto en ocasións anteriores.

“Lugo emprego activo“ é un proxecto integral de inserción laboral das persoas que participen nel tendo como obxectivo a consecución da integración no mercado laboral dos cidadáns con maiores dificultades de acceso a el

Para máis información e para presentar as solicitudes poden acudir a Atención ao cidadán, en Espazo>lab, centro de orientación do Concello de Lugo ou descargar das páxinas : www.lugo.es/espazolab [1] o www.lugo.es [2]

Bases e solicitudes na sección "Tramita na túa casa" [3]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-para-inscribirse-en-novos-cursos-do-programa-lugo-emprego-activo-que-organiza-o

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/espazolab
[2] http://www.lugo.es
[3] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=tramiteAsset&cid=1227494103445&color=Rojo&idioma=gl&pagename=Lugo%2FtramiteAsset%2FLugoTramiteDetalle&tipoLetra=Texto1