Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo de solicitude para as fogueiras de San Xoán ata o 23 de xuño

Aberto o prazo de solicitude para as fogueiras de San Xoán ata o 23 de xuño

Publicado o bando que recolle as normas ás que se teñen que axustar as fogueiras. As solicitudes están a disposición dos interesados na Policía Local

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Venres, 17 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que o prazo de solicitude para a celebración de fogueiras en San Xoán estará aberto ata o día 23, segundo o bando que vén de ser publicado, no que se recollen as normas ás que se teñen que axustar as fogueiras de San Xoán. No mesmo prohíbese a queima de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos. Tamén queda prohibido o lanzamento de foguetes.

As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo. Tampouco se poderán facer dentro do recinto do casco histórico.

O responsable ou responsables, e os organizadores de cada fogueira están obrigados a retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a extinguir de inmediato a fogueira.

As solicitudes están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local e o prazo para presentalas pecharase ás 13:00 horas do 23 de xuño.

Máis info

  • Bando da Alcaldía sobre as fogueiras do San Xoán 2016 |Descargar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-de-solicitude-para-fogueiras-de-san-xoan-ata-o-23-de-xuno

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bando_da_alcaldia_sobre_fogueiras_san_xoan_2016_pdf.pdf