Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo de reserva de praza para as Escolas Infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz

Aberto o prazo de reserva de praza para as Escolas Infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz

Luns, 05 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As escolas infantís municipais de Serra de Outes e Gregorio Sanz abriron hoxe o prazo para realizar a solicitude de matrícula para novas incorporacións.O prazo para realizar esta reserva estará aberto ata o 25 de abril.

Na escola de Serra de Outes ofértanse 7 prazas para nenos de 3 meses a un ano, 4 prazas para nenos de entre 1 e 2 anos, e 26 prazas para nenos de entre 2 e 3 anos. En canto á escola Gregorio Sanz, ofértanse sete prazas para a unidade de 3 meses a un ano e 14 prazas para a unidade de 2 a 3 anos.

Para solicitar praza por primeira vez será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Poderán informarse deste proceso nas propias escolas infantís, no portal web do Concello www.lugo.es [1] ou chamando ao número de atención á cidadanía 010.

Solicitudes. [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-de-reserva-de-praza-para-escolas-infantis-de-serra-de-outes-e-gregorio-sanz

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_TextGenerico&cid=1227492423797&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_TextGenerico%2FLugoTexto&tipoLetra=Texto1