Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición da "Busca do Tesouro"

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición da "Busca do Tesouro"

  • Tema
    • Xuventude
Martes, 14 de decembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dentro das actividades que a Concellería de Xuventude ten previsto realizar no Nadal deste ano buscando un ocio alternativo dos/as mozos e mozas da cidade, celébrase a VIII edición “Busca do Tesouro”, coa que se pretende que os participantes coñezan a cidade e profundicen na súa historia.

“Busca do Tesouro” celebrarase os días 27 e 28 de decembro en dúas categorías, de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos. Os interesados poden inscribirse, a partir de hoxe, e ata o vindeiro mércores día 22 de decembro na Oficina de Información Xuvenil, no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-de-inscricion-para-unha-nova-edicion-da-busca-do-tesouro