Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo de inscrición para as Casas das Linguas do Concello

Aberto o prazo de inscrición para as Casas das Linguas do Concello

Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o 14 de setembro nas propias instalacións onde desexen aprender idiomas. As prazas sortearanse o día 19 e a partir do 20, é o período de pago

  • Tema
    • Infancia,
    • Cultura e Turismo,
    • Ensino de linguas,
    • Xuventude
Mércores, 06 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As Casas das Linguas do Concello de Lugo abren hoxe mércores o prazo de inscrición para aprender inglés, francés, alemán, italiano e portugúes. Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o xoves, 14 de setembro, nas propias instalacións onde desexen aprender idiomas, ben na ubicada na Estrada da Granxa ou na que acolle o centro de convivencia María Balteira. A folla de inscrición está dispoñible no blog http://casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com.es/ [1] e deberase presentar unha solicitude por idioma, especificando horario e nivel.

As prazas sortearanse o martes, 19 de setembro, ás 15:00 horas, e dende o día 20 ao 29 de setembro ábrese o período de pago. O curso comezará o luns 16 de outubro.

Tanto a inscrición como os horarios poden consultarse na páxina web do Concello, www.lugo.gal [2], como no Servizo de Información 010. Para os obradoiros de alemán, italiano e portugués os horarios organizaranse unha vez finalice o período de inscrición en función da demanda existente. 

Documento

  • Programación e horarios 2017-2018 | Descargar pdf [3]

Audio

  • Carmen Basadre, sobre as Casas das Linguas | Descargar mp3 [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-de-inscricion-para-casas-das-linguas-do-concello

Ligazóns:
[1] http://casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com.es/
[2] http://www.lugo.gal
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/programacion_2017_2018_horarios_web.pdf
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/060917_basadre-casalinguas.mp3