Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Abertas as inscripcións para o curso de formación como DJ organizado polo Concello de Lugo

Abertas as inscripcións para o curso de formación como DJ organizado polo Concello de Lugo

O curso de formacion como DJ, organizado polo Concello e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas

A inscrición é gratuíta, e estará aberta ata o 10 de xullo, a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal [1]

  • Tema
    • Música,
    • Formación,
    • Emprendemento,
    • Xuventude
Xoves, 02 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Abertas as inscripcións para o curso de formación como DJ organizado polo Concello de Lugo

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez informa da apertura de inscripcions para o curso de formacion como DJ, organizado polo Concello e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas.

Está destinado á veciñanza de 18 a 40 anos, empadroada en Lugo. Hai 24 prazas, en dúas quendas de 12 persoas cada unha; a primeira o 17 e 18 de xullo, e a segunda, o 4 e 5 de setembro. Celebrarse na Casa da Música, en horario de tarde, e é obrigatorio o uso de mascarilla individual.

A inscrición é gratuíta, e estará aberta ata o 10 de xullo, a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal [1]. No asunto débese especificar Inscrición curso Dj e no texto do mail débese incluír a seguinte información: nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, data de nacemento e grupo de preferencia ao que lle gustaría asistir.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/abertas-inscripcions-para-o-curso-de-formacion-como-dj-organizado-polo-concello-de-lugo

Ligazóns:
[1] mailto:maisporti2020@lugo.gal