Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > 38 artistas inmortalizaron a cidade no 20º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo

38 artistas inmortalizaron a cidade no 20º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo

Andrés Gabarres gañou o 1º premio, acompañado de Rafael Carrascal no segundo posto e Miguel Anxo Martínez no terceiro posto

Ruth Miguel Díaz foi o gañador do premio especial á artista local, categoría que contou cun total de 9 participantes

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural
Luns, 20 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
38 artistas inmortalizaron a cidade no 20º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo

Un total de 38artistas inmortalizaron distintas zonas de Lugo durante o día de hoxe no 20º certame de Pintura Rápida ao aire Libre Cidade de Lugo. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que este certame, “unha cita xa consolidada no calendario da actividade cultural lucense, contribúe a proxectar a riqueza patrimonial e cultural de Lugo, tanto entre os propios participantes como a través dos propios cadros, que recollen os recunchos máis fermosos da cidade”.

O xurado estivo composto por Encarna Lago, Iago Eireos e Noa Persán, e deu como gañador a Andrés Gabarres. O segundo posto outorgóuselle a Rafael Carrascal e no terceiro lugar premiaron a Miguel Anxo Martínez. As tres primeiras clasificadas recibiron un premio de 1.600€, 1.100 e 900, respectivamente

Os 5 accésit, cun premio de 300€ foron para os seguintes participantes: Isabell Seidel, Pablo Rodríguez, Benjamín Castillo, Fernando Sánchez e Piedad Santamaría

En canto ao premio para o artista local, cun valor de 450€, o xurado decidiu a Ruth Miguel Díaz entre os 9 participantes desta categoría.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/38-artistas-inmortalizaron-cidade-no-20o-certame-de-pintura-rapida-ao-aire-libre-cidade-de