Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A 2ª proba do circuíto Corre con Nós, que se desenvolverá no paseo do Rato o domingo, conta con más de 1.500 inscritos

A 2ª proba do circuíto Corre con Nós, que se desenvolverá no paseo do Rato o domingo, conta con más de 1.500 inscritos

A proba que organiza a concellería de Deportes polo cinto verde da cidade para poñelo en valor, é a única gratuíta de Galicia.

A carreira terá un recorrido de 6 quilómetros para os adultos, e de entre 300 metros e os 2 quilómetros para as categorías infantís.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Corre con nós,
    • Escolas deportivas,
    • Desenvolvemento local
Xoves, 16 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este domingo, 19 de febreiro, o paseo do río Rato acollerá a proba Corre con Nós - Cinto Verde a partir das 12.00h. O percorrido terá lugar por unha das zonas verdes da cidade máis fermosas co fin de poñela en valor, onde os participantes poderán gozar da natureza nunha proba que é a segunda das 6 carreiras que integran o Circuíto Larsa Corre con Nós.

O concelleiro de deportes, Mauricio Repetto, destacou que “este é un circuíto consolidado na cidade e o único gratuíto en Galicia que, ademais, este ano presentabamos co obxectivo de voltar coa mesma forza que en edicións anteriores á pandemia”.

“Corre con Nós enmárcase na nosa aposta por fomentar actividades físicas deportivas así como no noso compromiso co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades”, subliñou Repetto, ao tempo que fixo fincapé no elevado número de participantes que supera os 1.500

As carreiras partirán no comezo do paseo do Rato, á altura da Tolda. As vindeiras probas do circuíto terán lugar o 18 de marzo e 23 de abril, así como o 6 de maio e o domingo, 11 de xuño.

A recollida de dorsais dos novos inscritos ou de todos aqueles que non o fixeron para a proba anterior farase este xoves (tarde), venres e sábado (mañá) en horario de apertura comercial en Intersport Lugo (Edificio Pimentel en rúa Bispo Aguirre 3).

Máis información en www.correconnos.com [1]

Saídas:

  • 12:00 H CATG MINI (300 MT): Https://racemapp.com/recorrido/961-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-mini [2]
  • 12:05 H CATG SUB10 SUB12 (800 MT): Https://racemapp.com/recorrido/960-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-sub12sub10 [3]
  • 12:15 H CATG SUB14 SUB16 (2.000 MT): Https://racemapp.com/recorrido/959-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-sub16sub14 [4]
  • 12:30 H ADULTOS (5.900 MT): Https://racemapp.com/recorrido/958-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-adultos [5]

Audio

  • O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, sobre o Corre con Nós | Descargar mp3 [6]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/2a-proba-do-circuito-corre-con-nos-que-se-desenvolvera-no-paseo-do-rato-o-domingo-conta-con

Ligazóns:
[1] http://www.correconnos.com/
[2] https://racemapp.com/recorrido/961-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-mini
[3] https://racemapp.com/recorrido/960-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-sub12sub10
[4] https://racemapp.com/recorrido/959-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-sub16sub14
[5] https://racemapp.com/recorrido/958-corre-con-noscinto-verde-estrada-rio-rato-adultos
[6] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/160223_corre_con_nos_-_mauricio_repetto.mp3