Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > 27 empresas optan a realizar o pintado da sinalización horizontal da cidade

27 empresas optan a realizar o pintado da sinalización horizontal da cidade

Alexandre Penas: “Dividimos a actuación en catro lotes, para que se recuperen as marcas viais de maneira homoxénea por toda a cidade”

Hoxe realizouse a primeira xuntanza da Mesa de Contratación, que continuará a reunirse nos vindeiros días

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Xoves, 09 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
27 empresas optan a realizar o pintado da sinalización horizontal da cidade

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, indicou que a Mesa de Contratación está a estudar as 27 propostas que chegaron para a realizar o pintado da sinalización horizontal da cidade. “Dividimos a cidade en catro lotes para que todo Lugo vaia recuperando a sinalización horizontal de maneira simultánea e homoxénea”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “cada unha das empresas só poderá optar, como máximo, a dous destes lotes”.

“A mesa de contratación continúa a revisar a documentación aportada polas empresas”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “debido á magnitude desta actuación, o proceso de revisión está a ser complicado”. Durante a mañá de hoxe realizouse a primeira xuntanza da Mesa, que continuará a reunirse para revisar a documentación presentada durante os vindeiros días.

Penas indicou que a actuación contempla o pintado de toda a sinalización horizontal da cidade, incluíndo as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e que se realizarán modificacións nos pasos de peóns “para asegurar o tránsito de motos e bicicletas”. Unha vez remate o proceso de adxudicación, as empresas terán un prazo de 4 meses para executar o pintado.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/27-empresas-optan-realizar-o-pintado-da-sinalizacion-horizontal-da-cidade