Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > 247 atletas de toda Galicia participarán no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno os días, 28, 29 e 30 de decembro

247 atletas de toda Galicia participarán no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno os días, 28, 29 e 30 de decembro

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Deportes,
    • Natación
Luns, 20 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
247 atletas de toda Galicia participarán no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno os días, 28, 29 e 30 de decembro

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, asistiu no día de hoxe, ao acto de presentación do Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno, que se celebrará os días, 28, 29 e 30 de decembro, na nosa cidade, no que competirán 247 deportistas de toda Galicia, pertencentes a 24 equipos.

Ao acto de presentación do Campionato, no cal colabora o Concello de Lugo dende a área de Deportes, asistiu tamén o Presidente do Club Fluvial, Tito Valledor; o Delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; o Presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño; Moncho Busto, Directivo do Club Fluvial e responsable da sección de Natación así como, Jaime López Rego, director técnico do Club.

Para o edil de Deportes, “este é un bo broche final para finalizar o ano en materia Deportiva, xunto ca tradicional carreira San Silvestre, que o Club Fluvial organizará o 31 de decembro e que será presentada o vindeiro 27”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/247-atletas-de-toda-galicia-participaran-no-campionato-galego-absoluto-de-natacion-de-inverno