Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > 1800 nenos e nenas de máis de 20 colexios desfrutan dos almorzos saudables organizados pola área de Participación

1800 nenos e nenas de máis de 20 colexios desfrutan dos almorzos saudables organizados pola área de Participación

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino
Mércores, 18 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
1800 nenos e nenas de máis de 20 colexios desfrutan dos almorzos saudables organizados pola área de Participación

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo e o concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitaron o CEIP Illa Verde, un dos máis de 20 centros de ensino que están a colaborar nos almorzos saudables que organiza a área de Participación.

Durante os almorzos, as nenas e nenos reciben lácteos, cereais, cacao, pan, mel e froita e aprovéitase para presentar algún alimento pouco habitual, como as froitas exóticas, para que as nenas e nenos as proben. Ademais, aprenden hábitos de hixiene e limpeza. Para isto, o concello conta coa colaboración de Vegalsa – Eroski, Ingapan, APLA e ADINU.

Cristina López agradeceu “gran colaboración que mostra a comunidade educativa, nais e pais e as empresas colaboradoras para a organización destas xornadas”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre os Almorzos Saudables | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/1800-nenos-e-nenas-de-mais-de-20-colexios-desfrutan-dos-almorzos-saudables-organizados-pola

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191218_cristina_lopez_almorzos_saudables.mp3