Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Sala de exposicións Porta Miñá

Sala de exposicións Porta Miñá

  • Tipo
    • Rede de Museos
Rúa do Carmen, s/n
27004 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982 250 962

A exposición explica como se configurou a cidade de Lucus Augusti, seguindo o proceso evolutivo desta, dende as súas orixes, como campamento, pasando pola etapa de máximo esplendor e fortificación, a construción da Muralla, ata acadar o seu ocaso.

Este aspecto compleméntase coa ilustración dalgunhas das manifestacións máis significativas da vida urbana no mundo romano: urbanismo, vida cotiá, lecer, relixión, etc.

Entradas e visitas

  • Entrada gratuíta

Horario

a) Horario de inverno vixente do 1 de xaneiro ao 31 de maio e do 15 de outubro ao 31 de decembro (excepto Semana Santa e Nadal):

  • De martes a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas
  • Sábados, domingos e festivos de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30 horas
  • Pechados os luns, excepto festivos

b) Horario de verán vixente do 1 de xuño ao 14 de outubro:

  • Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  • Non se pecha ningún día

c) Horario de Semana Santa (vixente desde a véspera do Domingo de Ramos):

  • Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  •  Non se pecha ningún día

d) Horario de Nadal (vixente desde o 20 de decembro ao 6 de xaneiro):

  • Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
  • Pechados os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro

e) Horario especial:

  • 18 de maio, Día Internacional dos Museos: horario continuado de 10 a 20 horas
  • Arde Lucus: xoves e venres de 10 a 14 e de 16 a 22 horas; sábado de 10 a 22 horas e domingo de 10 a 20 horas
Web: 
museoslugo.gal [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/sala-de-exposicions-porta-mina

Ligazóns:
[1] https://museoslugo.gal