Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Oficina de Información Europea

Oficina de Información Europea

  • Tipo
    • Fomento do emprego
Avda. da Coruña, 500 Antigo cuartel de Garabolos
27003 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982297479
Fax: 
982297364
Email: 
EuropeDirect-Lugo@lugo.gal [1]

Europe Direct-Lugo, pertencente á rede de Centros de Información Europea, é o punto desde o que o Concello de Lugo ofrece un servizo de proximidade que permite aos cidadáns obter información, asesoramento , axuda e respostas as súas dúbidas sobre a lexislación, as políticas, os programas e as posibilidades de financiación da Unión Europea.

Diríxese a todos os cidadáns, entidades públicas ou privadas que estean interesadas na procura de información sobre a Unión Europea: Administracións, colectivos, empresarios, traballadores, estudantes, profesores, etc.

Obxectivos específicos

  • Fomentar os intercambios, o diálogo, e o entendemento entre as institucións europeas, a opinión pública local, a sociedade civil lucense organizada e determinados públicos especializados a escala europea nacional, rexional e local.
  • Facilitar ós cidadáns un diálogo máis aberto, no que podan expresar a súa opinión para influír no proceso de toma de decisións a escala da UE.
  • Fomentar a participación da sociedade civil na vida democrática europea, especialmente habilitando canles para os mozos e as mozas e a comunidade escolar co fin de constituír unha cidadanía europea activa.
  • Abrir á cidadanía a axenda das institucións europeas para contribuír ó proceso de elaboración das políticas engadindo valor ó proceso lexislativo na UE.
  • Integrarse activamente nas redes que teñan entre os seus obxectivos fomentar o diálogo e o debate sobre Europa.
Web: 
www.lugo.es/europedirect [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/oficina-de-informacion-europea

Ligazóns:
[1] mailto:EuropeDirect-Lugo@lugo.gal
[2] http://www.lugo.es/europedirect