Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > IDAE - Instalación solar fotovoltaica destinada á xeración eléctrica para autoconsumo na Pisicina Municipal de Frigsa do Concello de Lugo

IDAE - Instalación solar fotovoltaica destinada á xeración eléctrica para autoconsumo na Pisicina Municipal de Frigsa do Concello de Lugo

 

1. IDENTIFICACIÓN E OBXETO DA ACTUACIÓN

Proxecto: INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADA Á XERACIÓN ELÉCTRICA PARA AUTOCONSUMO NA PISICINA MUNICIPAL DE FRIGSA DO CONCELLO DE LUGO

N.º de expediente: FEDER-EELL-2020-003827

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A PROXECTOS SINGULARES DE ENTIDADES LOCAIS QUE FAVOREZAN O PASO A UNHA ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER DE CRECEMENTO SOSTIBLE 2014-2020

Medida n.º 15:  Instalacións eléctricas fotovoltaicas destinadas a produción de electricidade para autoconsumo

Descrición económica da axuda solicitada:

 

2. DESCRICIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS

  Obxeto do proxecto

INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADA A XERACIÓN ELÉCTRICA PARA AUTOCONSUMO NA PISICINA MUNICIPAL DE FRIGSA DO CONCELLO DE LUGO

Descrición xeral das actuacións realizadas

Instalación de 278 paneis solares fotovoltaicos da casa SUNPOWER MAXEON 3 400W, asociados a tres investidores trifásicos de 30 kW/ud, marca HUAWEI, modelo SUN2000-KTL-M3, baterías de ión-litio da marca CEGASA eBrick Pro 280, con capacidade de 322,56 kwh, co seu correspondente convertidor, un cargador de vehículo eléctrico marca Orbis, modelo VIARIS, CITY de 43kW, todo iso xestionado por un SCADA/HMI Estación metereolóxica

 

2.1 DESCRICIÓN INSTALACIÓNS MUNICIPAIS SOBRE AS QUE SE ACTÚA

A instalación solar fotovoltaica realizouse na cuberta da Piscina Municipal que o Concello de Lugo posúe no Recinto de Frigsa (Parque da Milagrosa) con referencia catastral 7347001PH1674N0001XI.

A instalación solar sitúase sobre a cuberta da Piscina Municipal, fixada sobre cuberta integrada na cuberta do edificio de forma coplanar, inclinada a 15º.

- Detalle xeral das actuacións realizadas:

O sistema de xeración fotovoltaica está formado por paneis fotovoltaicos instalados sobre estrutura de soporte dos paneis e investidor.

Instaláronse 278 paneis fotovoltaicos SUNPOWER MAXEON 3 400W fabricados en silicio monocristalino, situados sobre estrutura prefabricada de formigón Solarbloc. Os paneis teñen unha potencia máxima de xeración de 400 W, o que supón unha potencia total máxima de 111,20 kW.

Instaláronse tres investidores HUAWEI modelo SUN2000-30KTL-M3 de 30 kW de potencia nominal en corrente alterna.

Instalouse un convertidor de baterías marca NORVENTO modelo nGM-100-1DC-T380-400VAC-ST Gridmaster on-grid de 100 kVA de potencia nominal e un sistema de acumulación en baterías de 322,56 kWh composto por 2 strings de 12 módulos eBick Prol 280 de CEGASA.

Instalouse un cargador de vehículo eléctrico marca ORBIS modelo VIARIS CITY 43 kW 3x63A.

Todo o sistema é xestionado por un SCADA/HMI, especificamente deseñado por NORVENTO para este proxecto.

A potencia total de xeración do sistema fotovoltaico é de 111,2 kW, a potencia do investidor é de 90 kW e a acumulación en baterías de 322,56 kWh.

 3. RESULTADOS ENERXÉTICOS

Estado despois da medida:

INSTALACIÓN 1: PISCINA DE FRIGSA

Enerxía eléctrica importada de rede (kWh/ano)

586.385 kWh

Potencia nominal xerador fotovoltaico (kWp)

111,2 kWp

Tipoloxía de actuación

Fotovoltaica

Potencia nominal inversor (kW)

30 kW (3 unidades)

Capacidade nominal do acumulador (C10 en Ah)

322,56 kwh

Demanda enerxía eléctrica (kWh/día)

1.606,53 kWh/día

Enerxía total producida pola instalación (kWh/ano)

134.500 kWh

Enerxía eléctrica autoconsumida (kWh/ano)

134.500 kWh

Enerxía eléctrica vertida a rede (kWh/ano)

---

Enerxía eléctrica autoconsumida / Consumo enerxético antes da medida (%)

18,44  %

 

 

Indicadores:

INSTALACIÓN 1: PISCINA DE FRIGSA

C030 Capacidade adicional de produción de enerxía renovable eléctrica (MW)

0,111 MW

C034 Redución de emisións de GEI [tCO2 eq/ano]

70,07  tCO2

+ info

922.58 KB
Fotos | INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA (Pisicina Municipal de Frigsa)

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/idae-instalacion-solar-fotovoltaica-destinada-xeracion-electrica-para-autoconsumo-na-pisicina-municipal