Preguntas frecuentes sobre Tramitacións urbanísticas
- Tema
- Planeamento urbanístico,
- Normativa urbanística,
- Licenzas urbanismo
A normativa urbanística actual, chega a ser tan complexa, que ás veces non resulta fácil para o interesado ter a certeza de que a súa interpretación é a correcta e coincidente co parecer técnico da Administración.
Así mesmo, a atención ao interesado, xa sexa de modo presencial ou telefónico, polo prolixo da normativa de aplicación e a posible existencia de criterios dispares pode provocar que a mesma consulta sexa contestada de formas distintas por técnicos diferentes.
Sobre a base desas consultas realizadas á Administración municipal, que pode realizar calquer interesado, para preguntar sobre a interpretación ou aplicación da normativa urbanística, irase formando nesta sección unha base de datos de consultas, que, a xuízo do criterio técnico municipal, transcendan ao caso concreto e poidan resultar de aplicación a outros supostos similares para xeral coñecemento.
Esta sección constitúe unha ferramenta máis para a unificación de criterios que axude a emendar moitas incidencias que poidan xurdir debido á interpretación da normativa urbanística.
A difusión deses criterios de carácter xeral, en ningún caso ten carácter vinculante.
Esténdese a aplicación do citado artigo a todos os inmobles, esten suxeitos ou non a réxime de protección, en tanto que se establecen no plan uns parámetros para os edificios catalogados e é posible aplicar ese mesmo artigo ao resto dos inmobles non catalogados. A definición en canto a tamaño e materiais no artigo citado vén debidamente definido.
No ámbito do PEPRI, cada edificio debe ser analizado dun modo individual segundo o seu nivel de catalogación, a ordenanza de aplicación, o estado de conservación etc... para poder determinar segundo o PEPRI o tipo de intervención que resulta autorizable aínda que se entende, con carácter xeral, que a madeira laminada non constitúe cambio de material con respecto á madeira maciza.
Non se permiten os armarios de instalacións en fachada, pois segundo o art.54 do PEPRI deberán estar no interior dos edificios e procurando a integración cos espazos comúns, de modo que se expoñen dúas posibles solucións:
- a) Baixantes falsas de aceiro galvanizado
- b) Rexilla de 20X20 en fachada pintada en cor de fachada e armario polo interior do edificio
- Ó non existir aliñacións non procede a cesión de terreos ó Concello. Procede só o retranqueo (parte do viario será público e parte privado)
- A parte de parcela que se atope nesta franxa computa como superficie neta da mesma
- No caso de solicitar licenza para rehabilitación integral, nova edificación ou ampliación e de existir un peche non tradicional dentro desta franxa de 8 m., este ha de ser retirado