Preguntas frecuentes sobre EVISLUSA
- Tema
- Licenzas urbanismo,
- Normativa urbanística,
- Planeamento urbanístico
Que é, cando e por que naceu, que fai e quen compón EVILUSA, a empresa municipal de vivenda e solo de Lugo.
EVISLUSA é unha empresa municipal para desenvolvemento de solo e vivenda. Foi constituída en escritura pública o 18 de novembro de 2003 e comezou a súa andadura en febreiro do 2004. É unha aposta decidida por unha acción pública municipal.
Actividades urbanísticas de interese social:
- Preparación de solo residencial, terciario, industrial e de equipamento.
- Remodelación ou reforma de zonas urbanas.
- Redacción de documentos de planeamento e xestión urbanística.
- Promoción, construcción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles.
- Xestión e explotación de obras e servicios resultantes da urbanización.
- Investigación, información, asesoramento e colaboración en estudios e actividades relacionados coa poboación e o urbanismo.
EVISLUSA nace da necesidade que ten o Concello de Lugo no uso das súas atribucións de intervir no mercado de solo coa intención de regulamentar o seu prezo e evitar especulacións que poidan impedir a calquera cidadán ter acceso a unha vivenda digna.
EVISLUSA petende aportar maior axilidade ao desenvolvemento das actuacións municipais en materia de vivenda e solo. Ao abeiro da súa forma de sociedade anónima pode evita-la complexidade existente na esfera da Administración Pública.
EVISLUSA é unha empresa pública con capital totalmente municipal e con responsabilidade xurídica. É un elemento co que o Concello pretende intervir nun mercado con pouco control público e de difícil acceso para moitos cidadáns.
Xunta Xeral
Constituída pola Corporación en Pleno do Excmo. Concello de Lugo
Consello de Administración
Presidente Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo.
Vicepresidenta Sonia Méndez García
Vogais
- Sonia Méndez García
- Luis Manuel Álvarez Martínez
- Jaime Castiñeira Broz
- Arcadio Silvosa Alonso
- Paz Abraira Sobrado
Xerencia Benigno Jáuregui Fernández
Secretario José Antonio Carro Asorey
Intervención Marcial Rodríguez Toajas, Interventor de Fondos Municipais
EVISLUSA atópase na rúa Quiroga Ballesteros.