Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > V Semana da Danza

V Semana da Danza

Do 25 ao 30 de abril de 2016
Auditorio Municipal Gustavo Freire – Praza Maior - HULA

A programación da V Semana da Danza conta con varias actividades, como unha mostra de repertorio de Danza Clásica a cargo do alumnado de Grao Profesional da Especialidade Danza Clásica do Conservatorio de Danza de Lugo, a actuación do percusionista Diego Bentosos e o grupo de danza contemporánea, un concurso coreográfico, ou un encontro de centros de danza de Galicia, para conmemorar o Día Internacional da Danza.

Paralelamente, terán lugar actividades das escolas de danza de Lugo na Praza Maior a cargo de Gravitty, Star Dance, Ritmo Lugo e Espazo 10. O HULA tamén acollerá talleres de humanización en pediatría, dirixidos a amenizar aos nenos e nenas que se atopan hospitalizados. O sábado 30 de abril, ás 19:00 horas no Gustavo Freire, actuarán todas escolas de danza de Lugo.

O Ballet Norte e centros de danza de Galicia interpretarán o martes 26 de abril un fragmento de Don Quixote en dúas sesións, unha ás 11:30 horas para escolares de primaria e as 20:00 horas para todos os públicos. Este espectáculo terá un custe de 6 euros. As entradas poderán adquirirse en www.galitickets.com [1] e unha hora e media antes do espectáculo no propio auditorio.

+ info

274.42 KB
V Semana da Danza

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/eventos/v-semana-da-danza?date=2026-02

Ligazóns:
[1] http://www.galitickets.com