Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Exposición Olería Tradicional de España: Medidas do viño

Exposición Olería Tradicional de España: Medidas do viño

Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) De martes a sábado de 16:30 a 20:30 horas. O día 15 de xaneiro ás 19:00 inaugúrase a exposición Olería tradicional de España - Medidas do viño, que estará aberta ata o 15 de marzo no horario habitual do MIHL.

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 15/01/2014 - Sábado, 15/03/2014
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) - Parque da Milagrosa

Trátase dunha exposición singular que está composta por un cento de pezas orixinais, algunha delas con varios séculos de antigüidade, perfectamente catalogadas e relacionadas principalmente coas medidas do viño. Esta é a única colección destas características que existe en España e que é propiedade do Equipo Adobe, importantes coleccionistas de oleria tradicional, que no 2013 foron finalistas na modalidade de investigacion dentro dos Premios Nacionais de Cerámica e que nas últimas décadas levan inventariadas máis de 5.000 pezas de olería.

+ info

924.98 KB
Exposición Olería Tradicional de España

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/eventos/exposicion-oleria-tradicional-de-espana-medidas-do-vino