Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Exposición Achegando Disparidades

Exposición Achegando Disparidades

Do 15 de abril de 2016 ao 30 de xuño de 2016
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

A exposición colectiva Achegando Disparidades serve para pór de relevo a gran variedade de formas, técnicas e estilos da pintura e da fotografía que se practican na cidade de Lugo.

A mostra que reúne creacións de 7 lucenses, dende as luminosas paisaxes de Conchita Paz Montenegro ás cálidas abstraccións de Eduardo Sampayo, pasadno polas densas figuracións de Gabino Rosario, as visións urbanas e a preocupación humana de Germán García; o surrealismo de Lugilde, o cromatismo de Luisa Paz Montegro e as escenografías fotográficas de Xosé Manuel Otero.

Esta exposición poderase visitar no MIHL ata finais de xuño de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

+ info

1.36 MB
Programa da exposición Achegando Disparidades

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/eventos/exposicion-achegando-disparidades?date=2026-03