Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Excursións do programa Terras de Auga e Cultura 2019

Excursións do programa Terras de Auga e Cultura 2019

 Novas 40 andainas gratuítas programadas polo Concello para coñecer, de xeito sostible, a riqueza natural, arquitectónica, xeolóxica e patrimonial de Lugo.

Domingos, dende o 31 de marzo ao 22 de decembro de 2019
Visitas a diversos lugares

As andainas desta programación desenvolveranse de 10:30 a 19:00 horas, de marzo a outubro, e de 10:30 a 18:00 horas, nos meses de horario de inverno. Teñen como punto de saída e de regreso a parada do bus urbano situada diante do Seminario Maior, na rúa Anxo López Pérez.

A inscrición realizarase na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ata as 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión. O número máximo de persoas participantes será de 35, pero algunha delas ten aforo limitado a 25.

+ info

384.36 KB
Folleto "Terras de Auga e Cultura 2019"

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/eventos/excursions-do-programa-terras-de-auga-e-cultura-2019