Plan de tráfico durante a celebración do I Medio Maratón Cidade de Lugo
O Gabinete de Tráfico da Policía Local informa da celebración do I Medio Maratón Cidade de Lugo, proba organizada polo xornal El Progreso e en colaboración co Concello de Lugo. Celebrarase o domingo 14 de maio de 2017, con horario de inicio ás 10:00 horas e finalización sobre as 12:30 horas.
Para a montaxe e desmonte da infraestrutura, é necesario proceder ao corte do tráfico rodado na Praza do Ferrol dende as 06:00 ata as 13:30 horas.
Percorrido da proba: 21 km. (4 voltas ao circuíto)
- Saída 10:00 horas: Fronte ao Cuartel de San Fernando, por Ronda da Muralla, rúa Santiago, Frei Plácido Rei Lemos, Vila de Foz, Doutor Portela, Rodríguez Mourelo, Avenida de Ramón Ferreiro (ida), cambio de sentido á altura da rúa Cornubia, Avenida de Ramón Ferreiro (volta), Anxo López Pérez, Ronda da Muralla. A 5ª e última volta polo adarve da Muralla a través da Porta Santiago.
- Meta 12:30 horas: Na Praza de Santa María por Pío XII e Bo Xesús.
Eixo de comunicacións norte-sur:
Debido á duración do corte (09:30 a 12:30 horas) e que o evento é coincidente coa celebración do partido da Liga no Anxo Carro entre o Club Deportivo Lugo e o UCAM Murcia, co fin de minimizar os efectos sobre o tráfico rodado e o transporte público, permitirase a circulación polo carril dereito da Ronda da Muralla, segundo o sentido de circulación, dende a rúa San Roque ata San Fernando. Neste tramo, o carril esquerdo, será acoutado con conos para os corredores. O resto do circuíto estará pechado dende as 09:30 ata as 12:30 horas.
Estación de Autobuses:
- A saída dos autocares realizarase pola rúa Hermanitas.
- A entrada será a través da rúa San Roque, Jacinto Calvo, Praza de Bretaña e Dinán.
Autobuses urbanos:
- As liñas afectadas polo corte: 3AE Acea de Olga - Ramil, 4E Tolda - Abella, 5E As Gándaras - Campiña - Cemiterio, 6E Montirón - Residencia, 8E Carqueixo - Os Caraveis, 11E Calde - Piringalla - Albeiros, 14 e 14A HULA, entre as 09:30 e as 12:30 horas suprimirán as súas paradas no tramo da Ronda da Muralla comprendido entre San Fernando e a rúa San Roque, así como no Centro histórico, rúa Vilalba, Anxo López Pérez e Ramón Ferreiro.
- Quedan habilitadas as paradas da Ronda da Muralla entre rúa San Roque e San Fernando.
- As paradas suprimidas destas liñas, nos seus itinerarios de regreso, trasladaranse a Tino Grandío, Fonte dos Ranchos, Ronda do Carme, República Arxentina, Ronda de Fingoi e Fonte do Rei, respectivamente.
Residentes:
Na zona afectada polo corte, non poderán circular entre as 09.30 e as 12:30 horas, soamente permitirase a saída controlada por parte da Policía Local do Centro histórico e zona do Parque Rosalía de Castro - Recatelo a través da rúa do Teatro e Armando Durán.
