Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A pavimentación da Ronda da Muralla levarase a cabo esta semana

A pavimentación da Ronda da Muralla levarase a cabo esta semana

O Concello de Lugo informa de que as previsións de choiva obrigaron a aprazar as obras de pavimentación da Ronda da Muralla, entre San Roque e a praza Bispo Odoario, ata esta semana, coa previsible mellora das condicións meteorolóxicas. Os traballos realizaranse de noite, previsiblemente na do mércores e o xoves e na do xoves ao venres, para minimizar as incomodidades propias deste tipo de actuacións a conductores e peóns. A entidade local pide desculpas á cidadanía polas molestias que poida ocasionar o actual estado da calzada.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/pavimentacion-da-ronda-da-muralla-levarase-cabo-vindeira-semana