Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os servizos municipais de emerxencias, previdos ante a alerta amarela por fortes tormentas e precipitacións esta tarde en Lugo

Os servizos municipais de emerxencias, previdos ante a alerta amarela por fortes tormentas e precipitacións esta tarde en Lugo

O Concello de Lugo informa que a Dirección Xeral de Emerxencias activou unha alerta amarela por fortes treboadas e precipitacións que poderían deixar acumulacións puntuais nunha hora de 15 litros/m2 no municipio de Lugo entre as 15:00 e as 21:00 horas. Neste senso, o concelleiro de Transición Ecolóxica, explicou que se enviou o aviso aos corpos de seguridade e emerxencias do Concello: Policía Local, Bombeiros e Protección Civil para que extremen a vixiancia. Así mesmo, solicítase á cidadanía que eviten correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/os-servizos-municipais-de-emerxencias-previdos-ante-alerta-amarela-por-fortes-tormentas-e