Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Obras de urbanización da rúa Soto Freire

Obras de urbanización da rúa Soto Freire

Con motivo das obras de urbanización da rúa Soto Freire, que se iniciarán o luns 14 de decembro, vaise proceder ao corte da mesma dende a Praza da Constitución.

Habilitarase un carril de circulación delimitado por valos, dende a rúa Dinán ata a zona de carga e descarga da consigna da Estación de Autobuses; aos efectos de permitir o acceso de servizos e residentes afectados polas mesmas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/obras-de-urbanizacion-da-rua-soto-freire