Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Obras de pavimentación da Ronda do Carme

Obras de pavimentación da Ronda do Carme

Mañá mércores 04 de novembro inícianse as obras de pavimentación da Ronda do Carmen, dende o cambio de sentido situado fronte á rúa Monte Picato e até a P/Fonte dos Ranchos. Tamén afectarán ao outro lado dende a Avenida Marqués de Ombreiro até o devandito cambio de sentido.

Inicialmente as obras só afectarán os carrís interiores da ronda, non sendo necesario o corte total da mesma.

Posteriormente procederase ao fresado e asfaltado, polo que si será necesario o corte total, aínda que se informará con suficiente antelación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/obras-de-pavimentacion-da-ronda-do-carme