Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello pecha temporalmente o tramo do paseo do Miño entre o Balneario e o Restaurante O Muíño pola crecida do cauce fluvial

O Concello pecha temporalmente o tramo do paseo do Miño entre o Balneario e o Restaurante O Muíño pola crecida do cauce fluvial

O Concello de Lugo, a través da Policía Local, procedeu este luns ao peche do tramo do paseo do Miño entre o Balneario e o antigo Restaurante O Muíño pola crecida do río ao seu paso pola cidade. Dende a área de Transición Ecolóxica sinalan que deberá evitarse o paso peonil mentres non se poida transitar con seguridade por esta zona.

A estación de aforo do río Miño en Lugo acadou este luns o nivel laranxa, tal e como informou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A intervención responde, así mesmo, ao aviso da Dirección Xeral de Emerxencias que mantén activado o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de preemerxencia, en previsión de crecidas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/o-concello-pecha-temporalmente-o-tramo-do-paseo-do-mino-entre-o-balneario-e-o-restaurante-o