Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para mañá, 17 de xuño

Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para mañá, 17 de xuño

O Concello de Lugo informa de que mañá, 17 de xuño, procederá a cortar durante a mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:

  • Ronda da Muralla dende a Rúa Montero Ríos ata a Rúa Luis Cordeiro.
  • Marxe dereita da Rúa Nicomedes Pastor Díaz.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/corte-no-servizo-da-rede-municipal-de-subministracion-de-auga-previsto-para-mana-17-de-xuno