Corte de tráfico da Ronda da Muralla, entre a Praza da Constitución e a Porta de San Pedro
A Ronda da Muralla, no tramo comprendido entre a Praza da Constitución e a Porta de San Pedro, estará cortada ao tráfico rodado o vindeiro venres, 1 de decembro, dende as 20:00 ás 22:30 horas, con ocasión da celebración dos actos do 17 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. O corte non afectará ao cruce da rúa San Roque.
Para elo, a Brigada de Sinalización Viaria procederá ao acopio da seguinte sinalización o mesmo día pola mañá nos seguintes puntos:
1. Na Praza da Constitución, á altura do Vello Cárcere: dous valados, un con R-101 e letreito Excepto Parking, e outro valado con R-400ª
2. Na Ronda da Muralla con Cidade de Vigo: un valado con R-101
