Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte de auga o xoves na estrada da Fonsagrada e nos núcleos de Barbaín e Castelo de Abaixo por obras

Corte de auga o xoves na estrada da Fonsagrada e nos núcleos de Barbaín e Castelo de Abaixo por obras

O Concello de Lugo informa de que as obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade obrigarán a cortar o subministro na estrada da Fonsagrada e nos núcleos de Barbaín e Castelo de Abaixo o vindeiro xoves, 6 de agosto, dende as 9.00 e ata as 18.00 horas, aproximadamente, aínda que, de rematar antes os traballos, o servizo será restablecido de inmediato.

O Concello pide desculpas aos cidadáns afectados polas molestias que lles ocasione este corte de auga, necesario para acometer as obras de mellora da rede de abastecemento da cidade, en concreto a construcción dun anillo hídrico na zona este, As Gándaras-estrada da Fonsagrada, que consiste na creación dunha nova condución de auga potable, que complete o anillo hídrico Marcelle-Ceao-As Gándaras, e que conecte coa rede existente nas Gándaras, estrada de Vegadeo, hospital e estrada da Fonsagrada.

  • Tema
    • Servizos xerais [1],
    • Auga [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/corte-de-auga-o-xoves-na-estrada-da-fonsagrada-e-nos-nucleos-de-barbain-e-castelo-de-abaixo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/general-temas/servizos-xerais
[2] https://concellodelugo.gal/gl/general-temas/auga